lunes, 15 de febrero de 2010

O Apalpador é un ser mítico que, segundo tradición oral, visitaba ós nenos na última noite do ano para deixarlles unha presada de castañas quentes.

O Apalpador era un personaxe de grande estatura, vestido cun casaco remendado, que fumaba en pipa e usaba boina. Durante o ano vivía nas devesas, dedicado a fabricar carbón e alimentándose de bagas silvestres e cazando xabarís. Na noite do 31 de decembro entraba nas casas e apalpaba as barrigas dos nenos -de aí ven evidentemente o seu nome- para ver se pasaban fame ou se estaban fartos. En caso de que os encontrase ben alimentados, dicíalles: «Así, así esteas todo o ano»

Vía: La Voz de Galicia